Empezamos o curso con ganas de festa! ☀️💦😎 O sábado 27 de setembro, ven celebrar con nós o inicio da temporada 11 de Cañas e Tipos.
Podemos resumir o programa do día cun A-B-C, Ana e Berto en Compostela. Unha xornada tipográfico-festiva na Unitaria cos polifacéticos @anamoliz (deseño-tipografía-edición-docencia) e @bertofojo (arte-ilustración-deseño-docencia).
Haberá letras, cervexa, música, petiscos, sorteos e boa xente. Desta volta vémonos pola tarde, ás 18:00.