Benvido setembro! Temos un plan difícilmente superable para o sábado 21. A estrea da 10ª temporada de Cañas & Tipos en Santiago de Compostela 🎉
Iniciamos o curso con dúas auténticas estrelas convidadas 🤩 Dende Barcelona, chega a deseñadora de tipografías @laurameseguer, unha referente indiscutible a nivel internacional. Contaremos tamén co artista audiovisual @lausela, que se une á familia tipográfica galega para falarnos do seu espectacular proxecto de caligrafía sonora Setras.
Nesta ocasión a festa comeza ás 18:00, xusto despois do obradoiro de tipografía que Laura Meseguer e María Ramos impartirán en @escolaunitaria.
Haberá charlas, cervexa, música e por suposto Tipobingo 🎁🔡
Tipografías na gráfica: Ella e Sisters de Laura Meseguer