Cañas y Tipos

→ 9ª temporada - 18 de Mayo de 2024

Cañas y Tipos - SE09 - E07

Zeltia Iglesias & Marcos Dopico

Nova data para o C&T Galicia 💥 O sábado 18 de maio non só cambiamos de cidade senón tamén de provincia. Grazas a @_kentada por abrirnos as súas portas en Pontevedra.

Tipografía matérica e dixital, máquinas de escribir, tatuaxes, fanzines,… Destas cousas e dalgunha máis escoitaremos falar a Zeltia Iglesias o vindeiro sábado 18 de maio, en Pontevedra. Zeltia Iglesias graduouse en Deseño Gráfico na EASD Antonio Faílde e estudou Fotografía na EASD Mestre Mateo. Natural do concello de Rois, é deseñadora gráfica e ximnasta. Colabora a miúdo en proxectos musicais e artísticos. No seu traballo descubrimos un apego evidente á tipografía, coa que explora a relación entre deseño, arte e artesanía.

Contaremos con Marcos Dopico, referente indiscutible da tipografía en Galicia, recentemente nomeado decano da Facultade de Deseño, Marcos Dopico é profesor, investigador e deseñador de tipografías. Os seus artigos, conferencias e libros están cheos de referencias, que van dende o noso contexto máis próximo ata os grandes nomes do deseño internacional. Nesta ocasión compartirá con nós algúns exemplos de tipografías a medida, para desvelar algúns segredos do proceso e contarnos o que está sucedendo nos últimos anos. Unha cita imperdible par os amantes tipografía 🤩 Entrada gratuíta ata completar aforo.