Cañas y Tipos

→ 9ª temporada - 3 de Febrero de 2024

Cañas y Tipos - SE09 - E04

Manchea & Robert Janes

O sábado 3 de febreiro, ás 12:00, vémonos no novo espazo da imprenta tradicional Mancheagram💥 Laura e Tono compartirán escenario co deseñador de tipografías @robert.janes 🤩 Contando os días para un novo encontro da familia tipográfica galega.

Manchea será o punto de encontro dun novo episodio de Cañas & Tipos Galicia. Mancheagram é taller de artes gráficas creado arredor da impresión con tipos móbiles. Ademais da imprenta tradicional e o gravado, Laura e Tono tamén traballan outros métodos como a risografía, a serigrafía ou a cianotipia. Este sábado teremos a oportunidade de estrenar o seu novo local e coñecer máis sobre os seus proxectos 🅰️🪡📕🍺

O deseñador de tipografías australiano Robert Janes será un dos nosos convidados o próximo sábado. No seus proxectos explora a tensión entre o histórico, o contemporáneo e o experimental. Tras 5 anos traballando para ABC Dinamo en Berlin, en 2023 funda Counter Forms, unha plataforma para e pola tipografía australiana. Robert reside na cidade da Coruña e prepara o lanzamento de su propio estudio tipográfico para este ano.

Entrada de balde ata completar aforo.