Cañas y Tipos

→ 9ª temporada - 21 de Octubre de 2023

Cañas y Tipos - SE09 - E01

María Peinado & Rubén Prol

Cañas & Tipos chega a terras atlánticas! Inauguramos tempada e sede en Santiago de Compostela.

Neste primeiro encontro contaremos coa deseñadora gráfica especializada en deseño editorial María Peinado. Mostrará o seu traballo para estudios e editoriais coas que colabora habitualmente (Lacasta Design, Turner, Col&Col, Flâneur ou Cuadernos del Vigía), e desvelará algúns dos seus segredos tipográficos.

Tipografía e Galicia van unidos ao nome de Rubén Prol. El é hoxe un dos máximos referentes no deseño de «letra galega». As suas influencias van desde figuras históricas ben coñecidas como Castelao ata artesáns anónimos como o rotulista Raúl Fontoira. Rubén deseña tipografías, debuxa letras e tamén se atreve coa caligrafía. Entre os seus logros persoais máis queridos atopamos o deseño das letras para a equipación do seu equipo de fútbol, o RC Deportivo.

Ademais de chuvia, tamén teremos cervexa, todo aderezado con moito amor polas letras.

Estreamos curso e outono tipográfico en Sar 53 a partir das 12:00 horas. Una oportunidade única para ver a estas dúas estrelas tipográficas que foxen dos focos de grandes eventos.